Norloc está enfocada ó ámbito da Inspección e Comprobación tributarias.
Prestamos colaboración xurídica e técnica ás administracións públicas no ámbito do procedemento inspector e de comprobación tributaria.
As tarefas desempeñadas por Norloc, así como o seu método de traballo, permiten á Administración obter resultados directos en termos de recadación. Isto tradúcese nunha optimización dos resultados e a mellora da súa imaxe.
A facturación de Norloc vén determinada por unha porcentaxe do importe das liquidacións derivadas das actas de inspección ou do procedemento de comprobación e sancionador.
Norloc é a unión de profesionais experimentados do Dereito e a Enxeñería.
Constitúen un equipo capaz de ofrecer solucións técnico-xurídicas, ante a crecente demanda de Concellos e Deputacións Provinciais de colaboración técnica para a optimización dos seus recursos tributarios.
NOROESTE LOCAL SL ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha implantado un sistema de alimentación ininterrumpida (SAI) y un firewall mediante hardware para la mejora de competitividad y productividad de la empresa. Esta acción ha sido realizada en 2020-2021. Para ello ha contado con el apoyo del programa CIBERSEGURIDAD de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa. Una manera de hacer Europa.