Que facemos
NORLOC colabora coa Administración local prestándolle asesoramento para a aplicación dos tributos que lle son propios
- Imposto sobre Actividades Económicas
- Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras
- Imposto sobre o Incremento do valor dos Terreos de Natureza Urbana
- Taxas municipais
Tarefas desempeñadas
Os nosos servizos inclúen:
- Asesoramento na elaboración ou modificación de Ordenanzas
- Labores auxiliares nos procedementos de aplicación dos tributos
- Apoio na atención ao contribuínte
- Asistencia xurídica na elaboración de documentos
- Emisión de informes xurídicos a solicitude dos órganos da Administración encargados da aplicación dos tributos
- Emisión de informes técnicos a solicitude dos órganos da Administración encargados da aplicación dos tributos
- Asistencia letrada en xuízo
Software
NORLOC dispón para os seus clientes dun software dedicado propio, desenvolvido en exclusiva que facilita á Administración local a tramitación dos procedementos de inspección e comprobación tributaria e cuxos aspectos máis destacados son:
- Desenvolvemento de plans de inspección
- Xeración automatizada de documentos
- Control dos traballos desenvolvidos
- Avaliación da calidade do traballo
- Previsións de resultados