news

Comunicación aos provedores

NOROESTE LOCAL SL comunica a todos os provedores que todos os requisitos incluiranse no pedido ou documentos anexos.

Do mesmo xeito, o persoal de NOROESTE LOCAL SL procederá á revisión do produto ou servizo no momento da recepción do mesmo, momento no que pode aparecer algunha incidencia. No seu caso, procederase a comunicar a mesma ao provedor para que proceda á resolución da mesma.

Así, NOROESTE LOCAL SL valorará o desenvolvemento dos seus provedores en función das non conformidades abertas en cada exercicio, podendo ser descatalogado no caso de que non se cumpra cos requisitos emitidos desde NOROESTE LOCAL SL

NOROESTE LOCAL SL (ou o cliente de NOROESTE LOCAL SL) poderá, no ámbito da orde de compra ou contrato entre as partes, someter ao provedor a actividades de verificación ou validación nas instalacións do provedor externo.

Será motivo, por parte de NORLOC, de inclusión do provedor na súa listaxe de provedores aprobados o que cumpra coas condicións a continuación descritas, e será motivo de exclusión o que non o faga:

  1. Requisitos Administrativos:
    Serán responsabilidades necesariamente asumidas polo provedor de forma implícita cando comece a súa relación con NORLOC:
    • Dispoñer de número de identificación fiscal (NIF) ou VAT no seu caso, e da habilitación legal completa para o exercicio da súa actividade.
    • Cumprir coas normativas locais, nacionais ou internacionais aplicables.
  2. Condicións de Calidade:
    • Prover produtos ou servizos que cumpran coas especificacións técnicas solicitadas, cando estás sexan comunicadas de forma explícita por parte de NORLOC, ou ofertadas.
  3. Condicións de Prezos e Prazos:
    • Prover prazos de entrega acordes ás necesidades da empresa, garantindo puntualidade.
    • Presentar condicións de pago estándar.
  4. Capacidade Operativa:
    • Dispoñer da infraestrutura necesaria para responder á demanda.
    • Capacidade de servizo técnico ou atención postventa, se é de aplicación.
Para calquera consulta, non dubide en contactarnos