NOROESTE LOCAL SL é unha empresa galega fundada no ano 2007 co obxectivo de colaborar coa Administración Local na xestión e inspección dos seus tributos.
A empresa xorde da unión de esforzos de profesionais con ampla experiencia no sector público.
Para iso, constituíuse un equipo composto por licenciados en Dereito, Enxeñeiros, licenciados en Administración e Dirección de Empresas, diplomados en Ciencias Empresariais e licenciados en Economía para poder ofrecer solucións técnico-xurídicas, ante a crecente demanda de Concellos e Deputacións Provinciais de colaboración técnica para a optimización dos seus recursos tributarios.
É enxeñeiro de telecomunicación. A súa actividade profesional sempre estivo vinculada á administración pública.
É socio fundador de NOROESTE LOCAL e actualmente dirixe o departamento comercial e de expansión, sendo responsable máximo das relacións cos clientes a nivel de apertura de mercado e de desenvolvemento dos protocolos de traballo cos mesmos.
É tamén responsable do departamento de Administración da empresa.
É enxeñeiro técnico industrial na especialidade de mecánica. A súa carreira profesional iniciouse como enxeñeiro responsable de instalacións eléctricas e climatización en diversas empresas de instalacións e montaxe industrial.
Dende o ano 2001 centra a súa experiencia no asesoramento á administración local, concretamente na vertente máis técnica de determinados tributos, como o Imposto sobre Actividades Económicas, achegando os seus coñecementos e experiencia para unha xestión máis eficaz dos mesmos.
Socio fundador de NOROESTE LOCAL, dirixe o seu departamento técnico, coordinando un equipo humano formado integramente por titulados medios e superiores en economía e dereito.
É avogado especialista en tributación local, cunha ampla traxectoria asesorando á Administración Pública nesta materia e defendendo os seus intereses ante os tribunais de Xustiza.
É socio fundador de NOROESTE LOCAL.